Política Estado Español

ELECCIÓNS 10N

10 N: Por que non votar ao BNG nestas eleccións xerais?

Este 10-N dende a CRT impulsamos unha campaña onde pedimos o voto para a CUP en Catalunya á vez que o voto nulo para o resto do Estado, xa que consideramos que non existe unha alternativa de independencia de clase que non teña confianzas nun goberno “progresista” co PSOE del 155 e o IBEX 35.

Miércoles 6 de noviembre de 2019 | 19:03

A esquerda reformista española, desde Podemos, Máis País ata Esquerda Unida, deixou claro que acata a sentenza contra os líderes sociais e políticos do procès e a represión en Catalunya, xa completamente integrada nun Réxime reaccionario e antidemocrático contra ao dereito a decidir dos pobos.

Ademais, o seu tímido programa de reformas sociais queda supeditado a un hipotético goberno co PSOE, un partido do gran capital, e acaba por ser papel mollado. Moito escribimos de por que estas formacións políticas non teñen nada que ofrecer á clase traballadora e os sectores oprimidos da sociedade.

Con todo, hai persoas de esquerdas nos expuseron que en Galiza o BNG , un partido nacionalista e de esquerdas que asinou unha declaración de apoio a Catalunya xunto con outros partidos independentistas menos o PNV, apoiando aos presos políticos do procés sería unha boa opción para a cal pedir un voto crítico.

Para nós existen múltiples diferenzas entre as posicións da CUP en Catalunya e o BNG en Galicia, e que este último ubícase nunha posición similar á de ERC, desexando un goberno co PSOE para una negociación de traspaso de competencias, a diferencia da CUP que, denuncia a represión non solo do Estado central se non tamén do Govern catalán, e fixo explícito o seu obxectivo de bloquear no parlamento un goberno falsamente progresista.

Mentres Catalunya ardía en máis de 2 semanas de loita social continuada fronte a unha sentenza infame e a unha enorme represión policial, o principal partido do nacionalismo galego apenas reaccionou tímidamente. A platafoma “Galiza con Catalunya”, da que o BNG forma unha importante parte, só convocou a 2 concentracións pequenas nas 7 cidades galegas, e está prevista unha manifestación para o día 8 de Novembro.

Mais mentres a extrema dereita de Vox reunía a centos de persoas co seu discurso racista, machista e antidereitos en Vigo e a policía cargou contra os manifestantes que protestaban contra a súa presenza pero o BNG calou e non condenou a represión. Desde o noso punto de vista a reacción do BNG á explosión da loita social e de clases en Catalunya, cunha folga xeral e outra estudantil, ocupacións de edificios públicos, cortes de vía pública… deixou moito que desexar.

Pero por outra banda, o que hai que considerar é que o BNG xa gobernou Galiza co PSOE desde o 2005 ata o 2009 no que se coñeceu como o bipartito. Un período no que as condicións de vida da poboación non melloraron e mantivéronse altos niveis de desemprego xuvenil, pobreza e corrupción. Para facernos unha idea, empresas público-privadas como SEAGA, dedicada a servizos agrarios, e que aplicou a subcontratación de bombeiros e peóns forestais para reducir custos labores ou os casos de corrupción nas concesións de explotacións eólicas producíronse entón.

Actualmente o BNG segue gobernando en cidades como Pontevedra co PSOE, onde ademais de realizar obras estéticas de “humanización” e peonalización de rúas, segue mantendo as concesións privadas dos servizos públicos municipais, as cales lucran a grandes empresas e todo o seu progresismo materialízase nunhas poucas iniciativas públicas para o “comercio local”. Con respecto ao problema da vivenda, máis do mesmo.

Ademais, a responsabilidade do BNG no desenvolvemento (e na súa falta) da loita de clases e social é aínda maior, xa que a UPG, a súa principal corrente interna ten gran influencia o principal sindicato galego, a CIG, con preto de 80.000 afiliados.

Mentres sindicatos como ISC e CSC convocaron 2 folgas xerais en 2 anos, a CIG amagou unha “folga xeral” para xuño do 2018 para logo desconvocala para darlle un voto de confianza ao goberno do PSOE, desmobilizando e desmoralizando á súa base e amplos sectores que viran con ilusión esta convocatoria.

Nese momento parecese que a CIG respondía os intereses electorais do BNG máis que aos intereses da clase traballadora galega. Naquela desconvocatoria díxose que non dubidarían en convocar de novo outra folga xeral se o seguinte goberno non daba pasos adiante para realizar reformas a favor dos traballadores e o pobo.

O certo é que se demostrou evidente que o PSOE non derrogou a reforma laboral nin a lei mordaza -nin se propón facelo-, reprime o dereito a decidir do pobo catalán, no debate electoral deste luns propuxo reformar o Código Penal para prohibir os referendos -retomando unha medida proposta polo PP-, quere implantar a mochila austríaca e se prepara para aplicar o axuste social que lle impoña a Unión Europea no próximo período, cando se achegan ventos de recesión económica.

Mesmo para defender as poucas reformas que expón a CIG e o BNG, hai motivos suficientes para convocar á folga xeral, ou polo menos a un plan de mobilizacións moito maior para conquistar todas as demandas sociais e democráticas pendentes.
É sabido que historicamente o BNG usou a mobilización social con fins electoralistas, e non como principal ferramenta de loita para conseguir vitorias, pero dun tempo para acó, deu un salto na súa pasividade. Algo que consideramos claramente prexudicial para a organización da clase traballadora galega.

No seu programa, por exemplo o BNG fala de forma abstracta de “banca pública” e non expón a nacionalización das eléctricas se non o “control público galego dun sector estratéxico e implantación dá tarifa eléctrica galega que baixe ou prezo dá enerxía”. Tal e como se deduce polo contexto ese control público refírese a unha forma de control estatal de prezos pero nunca directamente á propiedade. Está a expor entón seguir subsidiando a electricidade ás grandes compañías electrointensivas como Alcoa e Ferroglobe para evitar que estas realicen despedimentos masivos?

Parecese unha medida que non pretende facer pagar a crise aos capitalistas se non repartir “mellor” a torta do orzamento estatal. As propostas do BNG non terminan de cuestionar a legalidade vixente e sempre desde un respecto á propiedade. Neste sentido as súas críticas ao sistema capitalista son superficiais.

Nese marco enténdese perfectamente que nestas eleccións o BNG teña decidido “sumar” cunha forza residual nacionalista de dereitas, Compromiso por Galicia, que non solicitou nin o 1 % (0,48) dos votos nas pasadas eleccións municipais. CxG só puxo a condición de que se sitúen a membros do seu partido en postos simbólicos da candidatura conxunta. Mais o BNG perde máis do que puidese parecer, xa que , xa que baixo unha fachada onde di facer políticas para a clase traballadora, o que realmente propón é un programa de competencias e negociación co Estado para un maior financiamento.

Así, volve a deixar claro que fai tempo que renunciou a impulsar un plan de loita obreira e popular para “ampliar a base” cunha mediocre suma aritmética cunha antiga escisión que corresponde á súa parte máis pequeno-burguesa y de dereita, que realiza una política con tintes caciquís nos pequenos núcleos onde goberna ou ten forza.

En definitiva, pensamos que o BNG é un partido plenamente integrado no Réxime, que máis aló de certa retórica de esquerda, aplicou sistematicamente a mesma receita cando obtivo suficiente representación electoral. Pactos co PSOE para chegar a posicións de poder e reformas cosméticas.

Pola súa banda, no Congreso dos Deputados, representación que perdeu hai 4 anos, a súa intervención sempre se centrou nun maior financiamento para Galicia e un traspaso de competencias, pero sen cuestionar a propiedade privada dos sectores económicos estratéxicos, nin cuestionar o marco legal existente do capitalismo español.

É por iso que tamén pedimos o voto nulo en Galiza, en solidariedade con Catalunya e coa perspectiva de que se poida construír máis pronto que tarde unha alternativa de esquerda obreira e anticapitalista. E para isto chamamos a todas as persoas, grupos políticos e sectores que compartan esta perspectiva para debater como conseguilo e a sumarse á nosa campaña.






Temas relacionados

#Elecciones10N   /   Unidas Podemos   /   #EleccionesPresidenciales   /   Política Estado Español   /   BNG   /   Galicia   /   PSOE

Comentarios

DEJAR COMENTARIO