Juventud

FOLGA ESTUDANTIL 6 DE MARZO

Fóra a Igrexa e as grandes empresas do noso ensino!

O 6 de marzo todas ás rúas contra o PIN parental! Fóra as gadoupas da Igrexa católica e as empresas privadas do noso ensino! Por un ensino de balde e universal baixo control de estudantes e traballadores e ao servizo da transformación social!

Pan y Rosas Estado español

Estado español | @PanyRosasEE

Jueves 13 de febrero | 16:13

Dende Contracorrente e Pan e Rosas sumámonos á convocatoria de folga lanzada polo Sindicato de Estudantes contra o PIN parental, a nova trincheira de VOX na súa ofensiva reaccionaria.

Na súa cruzada contra os dereitos e liberdades das mulleres e as persoas LGTBI, a extrema dereita crea unha fantasía na cal os colexios foron infiltrados polo “lobby LGTBI” e as feministas para sexualizar aos menores. Pero cal é a realidade?

Non ao ensino privado e concertado! Separación de Igrexa e Estado!

A realidade é que nunha sociedade machista e patriarcal onde as mulleres son asasinadas cada día, onde as agresións sexuais, as relacións tóxicas, a homofobia, a transfobia e o machismo son moeda común; o actual sistema educativo público, con cada vez menos recursos, onde o ensino sexoafectivo non é parte do programa educativo e a súa única presenza limítase a actividades complementarias que dependen do criterio dos profesores ou autoridades escolares, está lonxe de ser unha contratendencia.

Pódeche interesar: Contra o pin parental máis educación nas aulas

A situación é peor para o máis de millón e medio de estudantes dos preto de 2.600 centros privados e concertados baixo o control da Igrexa católica aos que o PIN parental aplícaselles cada día.

Estes centros reciben ao redor de 5.000 millóns de euros de cartos públicos e a súa existencia está garantida por todos os gobernos, incluído o goberno de coalición PSOE- UP. Recentemente Pedro Sánchez saíu a defender a educación concertada baixo o principio da “liberdade de elección”.

Unha “liberdade de elección” na que se apoian os sectores máis reaccionarios da sociedade para impor os seus valores ás novas xeracións. Mentres unha institución arcaica e patriarcal como a Igrexa católica continúe a ser fondamente influente no ensino, a igualdade e a liberación sexual son imposibles.

Por iso, para enfrontar a ofensiva dereitista é imprescindíbel retomar a loita pola separación efectiva da Igrexa e Estado, empezando por expropiar os centros concertados e privados. Medidas que este goberno que non cuestiona os privilexios da Igrexa non está disposto a emprender.

Pódeche interesar: Igrexa e Estado canto diñeiro público de embolsa a Igrexa pola educación

Non ao modelo universidade-empresa e os seus valores!

Enfrontar o último ataque contra o ensino público que supón o PIN parental non debería ternos só á defensiva protexendo o pouco que temos, senón que debería servir para abrir a reflexión sobre o tipo de ensino polo que paga a pena loitar. O actual sistema educativo, en todos os seus niveis, está posto ao servizo da reprodución do sistema capitalista, no que conviven ben os valores reaccionarios coa ideoloxía de mercado e a explotación.

As universidades públicas, lonxe de fuxir desta lóxica, son o seu máximo expoñente. As reformas emprendidas polos gobernos do PPSOE como o Plan Bolonia ou o 3+2, puxeron a universidade baixo o control dos directivos de grandes empresas que, xunto á casta universitaria de reitores e decanos deciden que estudamos e canto nos custa.

Pódeche interesar: Quen dirixe realmente as universidades públicas?

Tal e como reflicte a investigación realizada ULE 2012-2013 sobre os valores da formación inicial do profesorado, “os docentes universitarios tenden a reproducir, especialmente de forma implícita, os valores e actitudes vinculados ao discurso social dominante”, é dicir, ligados ao pensamento económico, social e mental neoliberal. Así pois, o actual modelo de universidade-empresa reproduce o marco ideolóxico ao servizo dos capitalistas.

E farao da man do ministro Castells, un firme defensor do Plan Bolonia que apostaba pola xestión privada das universidades e o aumento das taxas das matrículas. Políticas que supuxeron a privatización dos servizos públicos das universidades, a precarización dos traballadores e traballadoras da universidade e a de máis de cen mil estudantes que non podían pagar o prezo das matrículas.

Pódeche interesar: Este é o modelo “norteamericano” de universidade empresa que defende o futuro ministro Manuel Castells

Deste xeito, o actual modelo universitario non só reproduce a ideoloxía dominante, senón tamén as condicións de precariedade que nos afectan especialmente ás mulleres e á mocidade, fillos e fillas da clase traballadora.

Por todo iso é importante que os e as estudantes universitarias sumémonos á folga do 6 de marzo e loitemos xunto ás nosas compañeiras de educación secundaria contra o PIN parental, pero tamén contra as contrarreformas educativas e por unha universidade totalmente gratuíta e universal, baixo control de estudantes, docentes, traballadores e traballadoras.

Esta folga ten que ser o punto de partida para o xurdimento dun gran movemento estudantil que se enfronte ás consecuencias deste sistema patriarcal e capitalista e propóñase superalo. Non basta con convocar folga e reunirse co goberno ao día seguinte como fai facer o Sindicato de Estudantes. Facemos un chamamento a todas as asociacións e sindicatos estudantís para organizar asembleas democráticas en cada centro de estudo que fagan efectiva a folga e avanzar cara a unha coordinación que prepare un plan de loita sostido contra a ofensiva da dereita.

Por unha folga estudantil que inicie a mobilización para o 8 M!

Dende Contracorrente e Pan e Rosas non calamos. Sumámonos á folga do día 6 e ás mobilizacións do 8 M contra o PIN parental e contra modelo educativo neoliberal que o goberno do PSOE e Unidas Podemos pretende perpetuar.

Sairemos a loitar por unha educación pública, de balde e de calidade financiada mediante fortes impostos ás grandes fortunas. Que conte cunha educación sexual inclusiva en todos os niveis de ensino, contra a violencia machista e a LGTBIfobia.
Baleiraremos as aulas esixindo a separación efectiva da Igrexa e Estado, expropiando os centros privados e concertados para que pasen formar parte da rede pública de centros de ensino.

Queremos comisións de mulleres formadas por traballadoras, estudantes e profesoras que dirixan a loita contra o patriarcado nos centros de estudo.
Ocuparemos as rúas en defensa dunha universidade e un ensino ao servizo da transformación social, que responda as necesidades da clase traballadora e o pobo e non dos capitalistas.






Temas relacionados

#8M   /   Iglesia Estado Español   /   Movimiento estudiantil   /   Juventud

Comentarios

DEJAR COMENTARIO