Mundo Obrero Estado Español

MUNDO OBREIRO

Vítor Mariño, traballador da Citroën: “O camiño é complicado, mais non troca imposible”

Este martes 25 de febreiro tivo lugar unha manifestación en Vigo na que preto de mil persoas se mobilizaron por un convenio digno en PSA-Citröen. Entrevistamos a Vítor Mariño, delegado sindical en Citröen pola CUT sobre a negociación do convenio e sobre como afectaron as reformas laborais no sector da automoción.

Sábado 29 de febrero | 07:36

Outra vez os traballadores de PSA-Vigo mobilízanse polos seus dereitos

A manifestación comezou ás 12:00 horas dende Praza América e marchou por Florida cara o estadio de Balaídos e finalmente ata as portas da fábrica. Os convocantes preferiron non usar siglas nesta ocasión para que houbera unha maior participación de todos os traballadores, independentemente da súa afiliación sindical.

A manifestación sucedeuse sen incidentes. Os traballadores esixiron un convenio digno baixo o lema “Merecemos máis”, xa que consideran abusivo que a empresas siga a manter a rebaixa salarial imposta dende o 2014 e só ofreza aumentos salariais ridículos. Isto nun contexto onde a multinacional gañou este pasado 2019 3.584 millóns de euros, 289 millóns de euros máis que o ano pasado.

Arredor de mil persoas manifestáronse nesta xornada, inmersa nun proceso de negociación do convenio coa patronal que xa leva semanas de duración, onde a cúpula dos sindicatos como CCOO e UGT defenderon o “Sí”, incluso despois de que os seus traballadores votaran “Non” ao acordo.

Ao final da manifestación leuse un manifesto no que se animaba a todos os traballadores da fábrica a seguir loitando para recuperar os dereitos laborais perdidos e houbo intervencións onde se defendeu sen fisuras que é necesaria a mobilización obreira e social para non perder máis dereitos. Neste senso difundiuse a folga de condutores de autoescolas que tivo lugar o mércores 26 e se fixo un chamamento á unidade da clase traballadora para a “rebelión” contra os ataques da patronal.

Entrevista a Vítor Mariño, delegado sindical da CUT Citröen

I.D: Este 25 de Febreiro os traballadores e traballadoras de PSA-Citroën en Vigo manifestáronse por un convenio digno. Que é o que está propoñendo a empresa e cales son as vosas demandas nese sentido?

Vítor Mariño: A empresa ofrece máis precariedade, e incluso retrocesos no ámbito social para as persoas traballadoras neste novo Convenio Colectivo.
Dende a CUT despois dos recortes salariais e sociais que a empresa impuxo no 2014 grazas a sinatura do seu sindicato, agardabamos que esta negociación de comezo revirtira ditos recortes, e que despois avantaramos na negociación deste convenio, e mais vendo os resultados económicos do grupo que novamente o sitúan a cabeza do sector da automoción.

I.D: Que outra accións se tomaron e cales tedes pensado tomar nun futuro para seguir defendendo os vosos dereitos laborais e mellorar as condicións de traballo?

Vítor Mariño: Dende a CUT tiñamos prevista e redactada unha convocatoria de folga, pero a empresa ca complicidade doutros sindicatos fixeron o posible para que non fora posible a mesma.

Consideramos que so dende a unidade de clase seria posible trocar de postura a esta dirección e o seu sindicato, mais non foi posible nin para facer a manifestación que acabamos de celebrar sen siglas e bandeiras, para aglutinar a clase traballadora de PSA baixo o lema de MERECEMOS MAIS, para que todas e todos se sentiran representados. Pero houbo sindicatos que incluso boicotearon a convocatoria, sindicatos que nas súas asembleas pedían o SI para a sinatura deste convenio.
De cara o futuro seguiremos pelexando para conseguir unha unidade de acción conxunta, e mais tendo en conta que as distintas asembleas foron os que lle dixeron NON a sinatura deste convenio.

I.D: Noutro orde de cousas. As reformas laborais de Zapatero e Rajoy tiveron moitos aspectos prexudiciais para o conxunto da clase traballadora. Pero no voso sector, como afectaron concretamente?

Vítor Mariño: Pois incrementou aínda mais a precariedade no sector, nesta fabrica dende o ano 2000 non sei fai un contrato de 8h no taller, son todos a tempo parcial. No mesmo senso aumentou exponencialmente as empresas multi-servizos, que conlevou a unha externalización brutal de traballos que antes eran realizados pola empresa principal.

Todas as reformas que se levaron a cabo por calquera dos gobernos sempre foron para empobrecer aínda mais a clase traballadora, e facela mais vulnerable ante o capital.

I.D: Na túa opinión, por que se deberían de derrogar estas reformas laborais e cal pensas que vai a ser a actitude do actual goberno de PSOE e Unidas Podemos neste sentido?

Vítor Mariño: O que esta claro que calquera lei que se poña en practica, deberá defender a parte mais débil (a clase traballadora), fronte ao poder do capitalismo, pero pola contra o que se fai son leis para que o capital condicione e lle poña cadeas a clase traballadora para que siga producindo para el. Non levamos cadeas, pero seguimos sendo escravos do capital.

Este novo goberno, non considero que vaia a trocar o que esta establecido a día de hoxe. Farán pequenas modificacións estéticas, para intentar contentar a clase traballadora e os seus potenciais votantes, pero como sucedeu en Grecia con SYRIZA, finalmente entrarán no sistema, se non teñen a valentía de enfrontarse o noso inimigo real. O capitalismo!

I.D: Cal pensas que é o camiño para rematar con estas reformas antiobreiras dunha vez por todas e recuperar os nosos dereitos?

Vítor Mariño: Para enfrontarse ao capital, tes que contar co apoio social, e para poder facelo tamén debes considerar como facer que a túa mensaxe chegue a clase traballadora. Os medios de comunicación condicionan moito a clase traballadora.
Co aumento do salario mínimo o capital xa puxo os medios de comunicación a traballar ao seu favor, e xa existen críticas dentro da propia clase traballadora dicindo que dito aumento creou mais paro, mais precariedade, grazas aos mensaxes interesados dos medios de comunicación.

Xa o dicía Malcon X: Debemos estar previdos contra os medios de comunicación porque te farán amar ao opresor, e odiar ao oprimido.

O camiño e complicado, mais non troca imposible.






Temas relacionados

#MovimientoObrero   /   Mundo Obrero Estado Español   /   Galicia   /   Trabajadores   /   Movimiento obrero

Comentarios

DEJAR COMENTARIO